domingo, 20 de marzo de 2016

teatro de garaxe





Cómo e onde comezou trompiños?








Na Uni vigo algún deles comezou facer skecthes en Inglés. Logo na Uni Santiago fixemos Don Xoan co sempre benvido director  Arca.


Logo viu a etapa de ensaiar Beltor Brecht todo o ano no Morrazo para non estrealo. Pero o certo é que cando te sabes tanto o papel  a obra é como se xa estrearas. E un grupo chamado Mandrágora facía teatro mudo.


Máis adiante viñeron os ensaios co teatro Sísifo. Un señor que viña en taxi dende vigo e me facía bailar cunha cinta.... non se me daba nada ben o tema


Logo fixemos duas obras co teatro Avresno do Morrazo do que rescato a Lucía.




E chegou a a data na que varios elementos nos misturamos na aula de teatro de La Fiesta Escenica arxentina. Con eles fixemos duas obras de moito decorado e pouco teatro.




Contan as lendas que de eiquí ven o nome Trompiño. Dunha vez tivemos que ir ca Festa Escénica ó García Barbón a "Actuar".


Reciclaran unas columnas de corcho rodeadas dunha morea de cables. Eu sain o escenario pero tropecei cos cables i estes moveron as columnas que foron caindo unha a unha.... Mercedes Peón cantaba mentres eu non lle topaba senso.


Seica na gala dos comerciantes foi o que máis lle gustou. Vaites.....




Un trompo é una cousa que vai dando voltas e as veces acerta.... e as veces non...


















Os Trompiños






Fixemos tres obras con moi bo sabor de boca e distintas configuracións. Unha cuarta non foi adiante pero de tanto ensaila para min queda coma estreada. Coma facia de cego non me enterei da comedia.
















Hoxendía


Cas novas incorporacións de  Silvia, Belen, Alex e Ginna o grupo medrou.


Fixemos o sainete cómico sobre o HAC, O Alvaro Cunqueiro, o cunqui, para entermonos.




Agora hai toda una obra por diante agardando a trompiños.....  

















No hay comentarios:

Publicar un comentario